Cando comezou este novo cuatrimestre nos me chamaba moito a atención a materia de novas tecnoloxías, a min nunca se me deron moi ben as tecnoloxías e non estaba seguro de que esta materia me gustara.
A pesar deses pensamentos iniciais, ao final acabei por collerlle gusto á materia ata convertirse na miña favorita neste cautrimestre. Aprendín un montón de cousas sobre programas para: editar vídeos, crear actividades didácticas, e por suposto, a facer un blog.
Finalmente, gustaríame decir que pouco a pouco voume dando conta do tipo de docente que quero chegar a ser e da forma na que quero que os meus alumnos aprendan, e grazas a esta materia avanzei un pouco no meu camiño a convertirme nese tipo de docente, aínda que me queda moito.
Dito todo iso só me queda despedirme e agradecervos a vosa atención.

