Mostrando entradas con la etiqueta PABLO IGLESIAS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta PABLO IGLESIAS. Mostrar todas las entradas

viernes, 15 de mayo de 2020

FIN DA VIAXE


Antes de nada, quero manifestar que dende un principio pensei que a materia Novas Tecnoloxías iba traer consigo diversos problemas, os que non sería capaz de controlar por min mesmo. 

Co paso das prácticas, a creación do blog e os diferentes contidos que os docentes impartiron, decateime de que podía ser unha asignatura moi agradable e da cal poder sacar moito proveito, non só nunha futura docencia senón que tamén na vida mesma xa que na actualidade as TIC desenvolven un papel moi importante no mundo.

En definitiva, considero que o paso por esta materia, vai traer consigo moitos coñecementos e destrezas que antes non tiña, e que no futuro vanme servir de moita utilidade. Tanto para impartir unha futura ensinanza que manteña moita relación coas TIC,  e que por desgraza eu non recibín no pasado, como para manexarme mellor no mundo das novas tecnoloxías en sí.
Dito isto, adeus e moitas grazas!!

martes, 12 de mayo de 2020

PROXECTO FINAL

Coma última tarefa, elaboramos o xornal escolar que nos propuxemos ao principio do cuatrimestre, nel incluímos todos os recursos creados ata o momento.

Esperamos que vos guste!!!!


domingo, 10 de mayo de 2020

BENVIDO LIBRO DE ACTIVIDADES!!

Aínda que con un pouco de retraso aquí está o noso libro de actividades interactivas. Pedimos disculpas, xa que tivemos bastantes dificultades á hora de obter un enlace para poder mostrárvolo a todos e todas.

Foi unha experiencia xenial, logramos incluír múltiples actividades interactivas que permitirán entender un pouco mellor as múltiples vantaxes do deporte dunha forma lúdica, na que se aprénde case sen querer.

Finalmente, unha vez superados os problemas técnicos, o noso libro de actividades interactivas.

Esperamos que vos guste!!


sábado, 18 de abril de 2020

UN LIBRO DE ACTIVIDADES INTERACTIVAS

Si, esa era a nosa tarefa esta vez, crear un libro de actividades interactivas. Como sempre, comezamos por buscar distintas ferramentas para elaboralo, das que sacamos dúas que nos parecían bastante boas, un power point onde foramos insertando as actividades de distintas páxinas ou Edilim, algo descoñido nese momento pero do que todo o mundo falaba como a ferrramenta perfecta para elaborar libros dixitais.

Por un lado, o power point era sinxelo e xa tiñamos experiencia, pero por outro lado Edilim semellaba estar moi ben e en youtube había múltiples tutoriais de como crear o nos libro.

Finalmente escollemos Edilim e a dicir verdade, entendemos que se falara tan ben del, xa que non tiña publicidade ningunha e as actividades creábanse no mesmo programa, aínda que tamén hai a posibilidade de insertar actividades externas. 

martes, 24 de marzo de 2020

DEPORTE É ALGO MÁIS QUE GAÑAR

Tras moitas horas de grabación e edición... aquí temos o nos recurso audiovisual: a nosa curtametraxe DEPORTE É ALGO MÁIS QUE GAÑAR, esperamos que vos guste.

lunes, 23 de marzo de 2020

OBXECTIVO: RECURSO AUDIOVISUAL

A verdade é que no momento no que soupemos que a seguinte actividade era a realización dun recurso audiovisual, non nos fixo ningunha gracia, mais non por non gustarnos os recursos audiovisuais senón polo noso descoñecemento de como facelos.

Así pois, comezamos rápidamente a buscar ferramentas para elaboralo. Pronto descubrimos un mundo de posbilidades como o stopmotion, handrawriting, timelapse, videotutoriais... Nun principio a primeira opción era elaborar un stopmotion con bonecos, mais finalmente decidimos realizar unha curtametraxe onde os actores principais eramos nos, debido a que, dende o nos punto de vista,  ao ver persoas realizar as accións, séntese máis e a repercusión pode ser maior.

Velaquí o “DigitalStorytelling” da nosa curtametraxe DEPORTE É ALGO MÁIS QUE GAÑAR onde explicamos os contidos, obxectivos e metodoloxía.


martes, 3 de marzo de 2020

RECURSOS DIXITAIS E DEPORTE DA MAN



Despois de realizar unha búsqueda de recursos dixitais para rapaces e rapazas relacionados co deporte, optei por escoller un video sobre o deporte nos máis cativos que serve para motivar e concienciar a estes de que mediante a execución de actividades diarias teremos una vida moito máis sana. Este video foi sacado da plataforma You tube,

Tamén escollín un xogo relacionado co mundo do deporte mediante o cal os nenos e nenas a parte de divertirse e pasar un bo rato, entrenaran a capacidade memorística dunha maneira bastante amena e 
levadeira. O xogo foi sacado da páxina web Mundo Primaria.

Nos seguintes enlaces pódese atopar os recursos dixitais mencionados:


martes, 25 de febrero de 2020

FACENDO UN PÓSTER DIXITAL

Grazas a ter que facer un póster dixital o noso coñecemento sobre recursos dixitais seguiu aumentando, é impresionante todas as posibilidades que hai para aprender máis aló dun libro de texto.

O noso  proxecto de prácticas cada vez está máis enriquecido, hai un mundo de recursos dixitais que nos serán moi útiles nun futuro e que creemos que serán do gusto dos alumnos e alumnas xa que con eles poden aprender ao mesmo tempo que fan o que máis lles gusta, xogar.

Neste póster tentamos introducir da mellor maneira posible os recursos que atopamos nas outras sesións.

 Esperamos que vos guste!!


martes, 11 de febrero de 2020

BOTÁMOSLLE UNHA OLLADA AOS PROXECTOS

Tras revisar coidadosamente todos os posibles proxectos que se poden levar a cabo nesta materia, decatámonos de que son moitas as formas nas que se pode transmitir información evitando o libro tradicional e aumentando o interese dos nenos/as por aprender.

Finalmente decidimos escoller o xornal escolar orientado cara o deporte nos colexios como ferramenta para a diversidade e a vida saudable xa que consideramos que as novas xeracións cada vez fan menos deporte a pesar das múltiples vantaxes que ten.


miércoles, 5 de febrero de 2020

ENSINAR O QUE EU NON APRENDÍN

Dende a  miña perspectiva creo que esta materia  vai ser  moi importante para o transcurso da  nosa  carreira, inda que este tipo de  formacións de carácter  tecnolóxico   chegan un  pouco tarde xa que un mínimo de coñecemento sobre as  tecnoloxías son vitais no  día de  hoxe e non  meu caso a penas  tiven esa  oportunidade de  coñecer este mundo  tecnolóxico durante a  etapa de primaria e secundaria.

Como futuros docentes  é imprescindible  ter  coñecementos sobre o mundo  tecnolóxico para  logo  levalos a práctica  cos  nosos alumnos/as , e confío que  nesta materia poidamos  obter destrezas para  manexarnos  neste ámbito e que esto nos sírva de  proveito  na  nosa futura docencia.

É obvio que os tempos cambian e  debémonos adaptar a  eles por iso espero que “ Novas  Tecnoloxías”  poida  facer que  teñamos ese pequeno coñecemento para poder  adapatarnos  a actualidade mediante habilidades  tecnolóxicas que no noso futuro nos sirvan para  levar a cabo o proceso de  ensinanza  aprendizaxe.