sábado, 18 de abril de 2020

UN LIBRO DE ACTIVIDADES INTERACTIVAS

Si, esa era a nosa tarefa esta vez, crear un libro de actividades interactivas. Como sempre, comezamos por buscar distintas ferramentas para elaboralo, das que sacamos dúas que nos parecían bastante boas, un power point onde foramos insertando as actividades de distintas páxinas ou Edilim, algo descoñido nese momento pero do que todo o mundo falaba como a ferrramenta perfecta para elaborar libros dixitais.

Por un lado, o power point era sinxelo e xa tiñamos experiencia, pero por outro lado Edilim semellaba estar moi ben e en youtube había múltiples tutoriais de como crear o nos libro.

Finalmente escollemos Edilim e a dicir verdade, entendemos que se falara tan ben del, xa que non tiña publicidade ningunha e as actividades creábanse no mesmo programa, aínda que tamén hai a posibilidade de insertar actividades externas. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario