Mostrando entradas con la etiqueta JAVIER PÉREZ. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta JAVIER PÉREZ. Mostrar todas las entradas

viernes, 15 de mayo de 2020

ADEUS NNTT SEMPRE TE RECORDAREMOS

Tras un longo cuatrimestre cheo de adversidades e pandemias a materia chega ao seu fin. Teño que admitir que en xaneiro "Novas Tecnoloxías aplicadas á Educación" sonábame a problema e máis cando tiven a primeira clase e escoitei cousas como "elaborar un e-book", "crear unha entrada no blog" ou "crear recursos educativos", sen dúbida este medo era causa do meu descoñecemento, 

Mais a día de hoxe podo dicir que se algún día chego a ser docente recordarei esta materia e intentarei ensinarlle aos meus alumnos e alumnas todo o que a min on me ensinaron. Nesta materia puiden aprender de primeira man a mellorar a aprendizaxe  ou como eu digo a facela divertida. Xerei coa axuda dos  meus compañeiros un libro de atividades, que se nos din fai cinco meses que o imos lograr non no lo creriamos nin tolos. Se botamos a vista atrás e pensamos en todo o que aprendimos, sacamos dúas conclusións, que sabíamos moi pouco e que as TIC en educación son fundamentais.

Así pois, o que teño que dicir é grazas, xa que aínda que tiven momentos de frustración nos que non sabía como seguir, logrei saber facer un pouco máis divertido aprender.


martes, 12 de mayo de 2020

PROXECTO FINAL

Coma última tarefa, elaboramos o xornal escolar que nos propuxemos ao principio do cuatrimestre, nel incluímos todos os recursos creados ata o momento.

Esperamos que vos guste!!!!


domingo, 10 de mayo de 2020

BENVIDO LIBRO DE ACTIVIDADES!!

Aínda que con un pouco de retraso aquí está o noso libro de actividades interactivas. Pedimos disculpas, xa que tivemos bastantes dificultades á hora de obter un enlace para poder mostrárvolo a todos e todas.

Foi unha experiencia xenial, logramos incluír múltiples actividades interactivas que permitirán entender un pouco mellor as múltiples vantaxes do deporte dunha forma lúdica, na que se aprénde case sen querer.

Finalmente, unha vez superados os problemas técnicos, o noso libro de actividades interactivas.

Esperamos que vos guste!!


sábado, 18 de abril de 2020

UN LIBRO DE ACTIVIDADES INTERACTIVAS

Si, esa era a nosa tarefa esta vez, crear un libro de actividades interactivas. Como sempre, comezamos por buscar distintas ferramentas para elaboralo, das que sacamos dúas que nos parecían bastante boas, un power point onde foramos insertando as actividades de distintas páxinas ou Edilim, algo descoñido nese momento pero do que todo o mundo falaba como a ferrramenta perfecta para elaborar libros dixitais.

Por un lado, o power point era sinxelo e xa tiñamos experiencia, pero por outro lado Edilim semellaba estar moi ben e en youtube había múltiples tutoriais de como crear o nos libro.

Finalmente escollemos Edilim e a dicir verdade, entendemos que se falara tan ben del, xa que non tiña publicidade ningunha e as actividades creábanse no mesmo programa, aínda que tamén hai a posibilidade de insertar actividades externas. 

martes, 24 de marzo de 2020

DEPORTE É ALGO MÁIS QUE GAÑAR

Tras moitas horas de grabación e edición... aquí temos o nos recurso audiovisual: a nosa curtametraxe DEPORTE É ALGO MÁIS QUE GAÑAR, esperamos que vos guste.

lunes, 23 de marzo de 2020

OBXECTIVO: RECURSO AUDIOVISUAL

A verdade é que no momento no que soupemos que a seguinte actividade era a realización dun recurso audiovisual, non nos fixo ningunha gracia, mais non por non gustarnos os recursos audiovisuais senón polo noso descoñecemento de como facelos.

Así pois, comezamos rápidamente a buscar ferramentas para elaboralo. Pronto descubrimos un mundo de posbilidades como o stopmotion, handrawriting, timelapse, videotutoriais... Nun principio a primeira opción era elaborar un stopmotion con bonecos, mais finalmente decidimos realizar unha curtametraxe onde os actores principais eramos nos, debido a que, dende o nos punto de vista,  ao ver persoas realizar as accións, séntese máis e a repercusión pode ser maior.

Velaquí o “DigitalStorytelling” da nosa curtametraxe DEPORTE É ALGO MÁIS QUE GAÑAR onde explicamos os contidos, obxectivos e metodoloxía.


martes, 25 de febrero de 2020

RECURSOS DIXITAIS, APRENDER É DIVERTIDO

Tras revisar tantos recursos dixitais dinme conta da gran cantidade de maneiras para aprender, normalmente aprender está asociado ao aburrimiento, mais con estes recursos dixitais pode que sexa ata divertido.

Para elexir os recursos utilicei Youtube, fonte que todos coñecemos e que nos ofrece gran variedade de posbilidades; e o espazo ABALAR, fonte propia de Galicia onde moitos docentes comparten recursos creados por eles mesmos. 

Finalmente escollín un vídeo de Youtube onde fala sobre a importancia de facer deporte para a saúde  e unha actividade interactiva na que obxectivo é repostar correctamente as maiores preuntas posibles sobre deportes do mundo para gañar.

Velaquí os dous recursos:

FACENDO UN PÓSTER DIXITAL

Grazas a ter que facer un póster dixital o noso coñecemento sobre recursos dixitais seguiu aumentando, é impresionante todas as posibilidades que hai para aprender máis aló dun libro de texto.

O noso  proxecto de prácticas cada vez está máis enriquecido, hai un mundo de recursos dixitais que nos serán moi útiles nun futuro e que creemos que serán do gusto dos alumnos e alumnas xa que con eles poden aprender ao mesmo tempo que fan o que máis lles gusta, xogar.

Neste póster tentamos introducir da mellor maneira posible os recursos que atopamos nas outras sesións.

 Esperamos que vos guste!!


martes, 11 de febrero de 2020

BOTÁMOSLLE UNHA OLLADA AOS PROXECTOS

Tras revisar coidadosamente todos os posibles proxectos que se poden levar a cabo nesta materia, decatámonos de que son moitas as formas nas que se pode transmitir información evitando o libro tradicional e aumentando o interese dos nenos/as por aprender.

Finalmente decidimos escoller o xornal escolar orientado cara o deporte nos colexios como ferramenta para a diversidade e a vida saudable xa que consideramos que as novas xeracións cada vez fan menos deporte a pesar das múltiples vantaxes que ten.


miércoles, 5 de febrero de 2020

NOVAS TECNOLOXÍAS, FERRAMENTA DOCENTE

Desde o meu punto de vista esta materia será fundamental para a nosa profesión no día de mañá xa que cada vez a tecnoloxía está máis presente na nosa sociedade, considero que é de gran importancia xa que nos estudos que estou a cursar noto que é algo que necesito e do que teño un coñecemento moi limitado, polo que espero poder formarme para que os meus alumnos e alumnas nunca teñan o mesmo problema ca min.

En canto a contidos, supoño que esta materia encargarase de proporcionarnos métodos para poder ensinar mediante a tecnoloxía nun futuro, podendo así mellorar a calidade  da educación. Pero a tecnoloxía é algo que evoluciona a un ritmo desenfrenado polo que creo que será preciso estar formándose continuamente e que non se quede nunha simple materia do primeiro ano de carreira.