Desde o meu punto de vista esta materia será fundamental para a nosa profesión no día de mañá xa que cada vez a tecnoloxía está máis presente na nosa sociedade, considero que é de gran importancia xa que nos estudos que estou a cursar noto que é algo que necesito e do que teño un coñecemento moi limitado, polo que espero poder formarme para que os meus alumnos e alumnas nunca teñan o mesmo problema ca min.
En canto a contidos, supoño que esta materia encargarase de proporcionarnos métodos para poder ensinar mediante a tecnoloxía nun futuro, podendo así mellorar a calidade da educación. Pero a tecnoloxía é algo que evoluciona a un ritmo desenfrenado polo que creo que será preciso estar formándose continuamente e que non se quede nunha simple materia do primeiro ano de carreira.
No hay comentarios:
Publicar un comentario