miércoles, 5 de febrero de 2020

A TECNOLOXÍA AXUDA A ENSINAR

Penso que esta materia pode ser de gran relevancia ao longo da nosa vida e para o noso traballo como docentes xa que a tecnoloxía está cada vez máis presente en todos os ámbitos e é necesario ter certos coñecementos sobre ela.

A parte do que xa mencionei, espero que esta materia me axuda a empregar medios tecnolóxicos ou innovadores para levar a cabo os procesos de ensino-aprendizaxe con nenos e nenas para que estes poidan aprender dunha forma máis didáctica e visual. Ademais, o feito de empregar as novas tecnoloxías para educar aos nenos/as fai que a educación evolucione e se vaia adaptando á actualidade e non se quede estancada nas clases maxistrais que se levan empregando durante tanto tempo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario