Grazas a ter que facer un póster dixital o noso coñecemento sobre recursos dixitais seguiu aumentando, é impresionante todas as posibilidades que hai para aprender máis aló dun libro de texto.
O noso proxecto de prácticas cada vez está máis enriquecido, hai un mundo de recursos dixitais que nos serán moi útiles nun futuro e que creemos que serán do gusto dos alumnos e alumnas xa que con eles poden aprender ao mesmo tempo que fan o que máis lles gusta, xogar.
Neste póster tentamos introducir da mellor maneira posible os recursos que atopamos nas outras sesións.
Esperamos que vos guste!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario