Tras un longo cuatrimestre cheo de adversidades e pandemias a materia chega ao seu fin. Teño que admitir que en xaneiro "Novas Tecnoloxías aplicadas á Educación" sonábame a problema e máis cando tiven a primeira clase e escoitei cousas como "elaborar un e-book", "crear unha entrada no blog" ou "crear recursos educativos", sen dúbida este medo era causa do meu descoñecemento,
Mais a día de hoxe podo dicir que se algún día chego a ser docente recordarei esta materia e intentarei ensinarlle aos meus alumnos e alumnas todo o que a min on me ensinaron. Nesta materia puiden aprender de primeira man a mellorar a aprendizaxe ou como eu digo a facela divertida. Xerei coa axuda dos meus compañeiros un libro de atividades, que se nos din fai cinco meses que o imos lograr non no lo creriamos nin tolos. Se botamos a vista atrás e pensamos en todo o que aprendimos, sacamos dúas conclusións, que sabíamos moi pouco e que as TIC en educación son fundamentais.
Así pois, o que teño que dicir é grazas, xa que aínda que tiven momentos de frustración nos que non sabía como seguir, logrei saber facer un pouco máis divertido aprender.
No hay comentarios:
Publicar un comentario