viernes, 15 de mayo de 2020

FIN DA VIAXE


Antes de nada, quero manifestar que dende un principio pensei que a materia Novas Tecnoloxías iba traer consigo diversos problemas, os que non sería capaz de controlar por min mesmo. 

Co paso das prácticas, a creación do blog e os diferentes contidos que os docentes impartiron, decateime de que podía ser unha asignatura moi agradable e da cal poder sacar moito proveito, non só nunha futura docencia senón que tamén na vida mesma xa que na actualidade as TIC desenvolven un papel moi importante no mundo.

En definitiva, considero que o paso por esta materia, vai traer consigo moitos coñecementos e destrezas que antes non tiña, e que no futuro vanme servir de moita utilidade. Tanto para impartir unha futura ensinanza que manteña moita relación coas TIC,  e que por desgraza eu non recibín no pasado, como para manexarme mellor no mundo das novas tecnoloxías en sí.
Dito isto, adeus e moitas grazas!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario