viernes, 15 de mayo de 2020

SEMPRE CON NÓS

Despois dun longo cuatrimestre, cunha variedade infinita de actividades e cunha aprendizaxe moi completa dun uso correcto das TIC na aula, despídome desta materia cun bo sabor de boca, o de saber que mellorei de forma exponencial na aplicación, uso e creación de contidos, entre outras cousas.

Sempre estarán con nos as TIC, en todos os ámbitos, e en específico, no ámbito educativo e no noso futuro coma docentes. Considero as miñas habilidades adquiridas as correctas para a poder aplicalas nun aula de primaria, pero tamén considero que debería facer cursos constantemente e tratar de dominalas de mellor maneira, xa que as novas tecnoloxías avanzan máis rápido que a nosas habilidades para utilizalas.

De volta no curso, solo me falta dar as grazas ao aos meus compañeiros e, por suposto, ao profesorado, que a pesar de ter distintos profesores e profesoras polos motivos pertinentes, a execución da materia e a coordinación entre eles foi excelente, a impartición de contido moi boa tamén e considero que aprendín moito con esta materia e información moi útil para o meu futuro coma docente

No hay comentarios:

Publicar un comentario