martes, 25 de febrero de 2020

FACENDO UN PÓSTER DIXITAL

Grazas a ter que facer un póster dixital o noso coñecemento sobre recursos dixitais seguiu aumentando, é impresionante todas as posibilidades que hai para aprender máis aló dun libro de texto.

O noso  proxecto de prácticas cada vez está máis enriquecido, hai un mundo de recursos dixitais que nos serán moi útiles nun futuro e que creemos que serán do gusto dos alumnos e alumnas xa que con eles poden aprender ao mesmo tempo que fan o que máis lles gusta, xogar.

Neste póster tentamos introducir da mellor maneira posible os recursos que atopamos nas outras sesións.

 Esperamos que vos guste!!


miércoles, 19 de febrero de 2020

RECURSOS DIXITAIS, UN MUNDO DE POSIBILIDADES

Os recursos que elexín foron un vídeo e un xogo interactivo:
- Vídeo (Vídeo)

Escollín o xogo interactivo porque amosa unha gran cantidade de conceptos útiles para os máis cativos, con él poderán aprender novos térmos e novos conceptos relacionados co deportes, e a importancia que ten.

Á súa vez o video escollino, para dar a coñecer a importancia que teñen os deportes na vida social dos máis pequenos e pequenas, co fin de concienciar cara unha práctica máis habitual destes.

martes, 11 de febrero de 2020

BOTÁMOSLLE UNHA OLLADA AOS PROXECTOS

Tras revisar coidadosamente todos os posibles proxectos que se poden levar a cabo nesta materia, decatámonos de que son moitas as formas nas que se pode transmitir información evitando o libro tradicional e aumentando o interese dos nenos/as por aprender.

Finalmente decidimos escoller o xornal escolar orientado cara o deporte nos colexios como ferramenta para a diversidade e a vida saudable xa que consideramos que as novas xeracións cada vez fan menos deporte a pesar das múltiples vantaxes que ten.


miércoles, 5 de febrero de 2020

NOVAS TECNOLOXÍAS, FERRAMENTA DOCENTE

Desde o meu punto de vista esta materia será fundamental para a nosa profesión no día de mañá xa que cada vez a tecnoloxía está máis presente na nosa sociedade, considero que é de gran importancia xa que nos estudos que estou a cursar noto que é algo que necesito e do que teño un coñecemento moi limitado, polo que espero poder formarme para que os meus alumnos e alumnas nunca teñan o mesmo problema ca min.

En canto a contidos, supoño que esta materia encargarase de proporcionarnos métodos para poder ensinar mediante a tecnoloxía nun futuro, podendo así mellorar a calidade  da educación. Pero a tecnoloxía é algo que evoluciona a un ritmo desenfrenado polo que creo que será preciso estar formándose continuamente e que non se quede nunha simple materia do primeiro ano de carreira.

A TECNOLOXÍA AXUDA A ENSINAR

Penso que esta materia pode ser de gran relevancia ao longo da nosa vida e para o noso traballo como docentes xa que a tecnoloxía está cada vez máis presente en todos os ámbitos e é necesario ter certos coñecementos sobre ela.

A parte do que xa mencionei, espero que esta materia me axuda a empregar medios tecnolóxicos ou innovadores para levar a cabo os procesos de ensino-aprendizaxe con nenos e nenas para que estes poidan aprender dunha forma máis didáctica e visual. Ademais, o feito de empregar as novas tecnoloxías para educar aos nenos/as fai que a educación evolucione e se vaia adaptando á actualidade e non se quede estancada nas clases maxistrais que se levan empregando durante tanto tempo.

ENSINAR O QUE EU NON APRENDÍN

Dende a  miña perspectiva creo que esta materia  vai ser  moi importante para o transcurso da  nosa  carreira, inda que este tipo de  formacións de carácter  tecnolóxico   chegan un  pouco tarde xa que un mínimo de coñecemento sobre as  tecnoloxías son vitais no  día de  hoxe e non  meu caso a penas  tiven esa  oportunidade de  coñecer este mundo  tecnolóxico durante a  etapa de primaria e secundaria.

Como futuros docentes  é imprescindible  ter  coñecementos sobre o mundo  tecnolóxico para  logo  levalos a práctica  cos  nosos alumnos/as , e confío que  nesta materia poidamos  obter destrezas para  manexarnos  neste ámbito e que esto nos sírva de  proveito  na  nosa futura docencia.

É obvio que os tempos cambian e  debémonos adaptar a  eles por iso espero que “ Novas  Tecnoloxías”  poida  facer que  teñamos ese pequeno coñecemento para poder  adapatarnos  a actualidade mediante habilidades  tecnolóxicas que no noso futuro nos sirvan para  levar a cabo o proceso de  ensinanza  aprendizaxe.

TECNOLOXÍA, PRESENTE NO DÍA A DÍA


O que espero de esta materia é unha formación, dentro do que cabe, completa. Poder ter unhas boas competencias no ámbito tecnolóxico, para así poder mellorar as miñas propias destrezas pedagóxicas. A ensinanza mediante as TIC é moi importante porque, grazas a isto, os rapaces despertan o interese dos rapaces/as e, polo tanto, a súa imaxinación, algo esencial no desenvolvemento pedagóxico.

Penso que é vital, hoxe en día, ter unha boa base entorno á tecnoloxía, xa que todas as novas xeracións de nenos e nenas, evolucionarán rodeados das novas TIC, polo que o seu dominio sobre elas deberá ser o máis completa posible.